CRTVG

Buscar

Este domingo chega o horario de verán: ás 2 da mañá serán as 3

Publicado o 27/03/2021 09:02

Lembren que esta madrugada do sábado para o domingo hai que adiantar as agullas dos reloxos unha hora. Ás dúas serán as tres. Deixamos o horario de inverno para entrar no de verán. A partir de mañá, domingo, amencerá e anoitecerá máis tarde, haberá máis luz e os días serán máis longos. Un cambio horario que se realizará en todos os países da Unión Europea co obxectivo de aproveitar a luz natural nas horas da xornada laboral e reducir o consumo de electricidade

Noticias web

27/03/2021