Este concello é o que máis mallou os resultados de Galicia... e non é Betanzos
Xa sabemos cal é o concello que máis mallou o resultado das eleccións autonómicas en Galicia. Acertou a orde dos cinco primeiros partidos cunha diferenza de menos dun punto en cada un deles. No caso do PP, só se desviou nove centésimas. Pois ben, ese concello é As Neves.
Primeiro acertaron coa orde en que quedaron posicionadas as forzas políticas.
E aínda máis difícil, os veciños das Neves tamén mallaron a porcentaxe de voto de cada partido, cun pequeno erro de décimas. Os resultados, como pasa sempre, para todos os gustos.
BNG e PSOE están á fronte do concello deste municipio onde o PP resultou ser o partido máis votado nas eleccións do pasado domingo.
Con este nivel de acerto, o concello convértese en barómetro dos comicios galegos.
Betanzos, con todo, tampouco o fixo mal. Acertou a orde dos cinco partidos, pero a desviación con respecto ao PP (49,57 %) foi superior aos 1,5 puntos.