Este ano xa non haberá oferta de pementos ao pé da estrada en Padrón
Publicado o 14/06/2021 14:44
A imaxe de venda de pementos de Herbón na N-550, acábase. É unha actividade con defensores e detractores non só por cuestións de imaxe, senón tamén sobre o que supón de competencia desleal coas tendas.
Ramona, unha padronesa de Herbón e produtora de pementos, comprende o debate sobre a venda directa na beira da estrada. Engade que o concello de Padrón impide que vendan tamén nunha beirarrúa e como alternativa ofrécelles de balde parte da praza de abastos pola tarde. Ramona di que iso non resulta eficaz para a venda como estar ao lado da estrada.