Este ano tampouco haberá cacharelas multitudinarias durante o San Xoán
Este San Xoán tampouco poderemos ver imaxes multitudinarias na nosa comunidade. Por segundo ano consecutivo, prohíbense as cacharelas multitudinarias; iso si, poderán facerse pequenas fogueiras sempre e cando conten con autorización previa dos concellos correspondentes.
Os veciños din que sería positivo que se permitisen pequenos lumes nos barrios sempre e cando se cumpran as normativas vixentes de seguridade fronte a covid.
O concello da Coruña traballa nun dispositivo de seguridade de cara o San Xoán pero a rexedora, Inés Rey, xa avanzou que este ano non se permitirán non permitirán luminarias na cidade.
O concello de Nigrán tamén prohibirá as tradicionais lumaradas da praia de Panxón; iso sí, o alcalde, Juan González, dixo que permitirán pequenas fogueiras familiares se a situación sanitaria é favorable.
A pelota está no tellado dos concellos pero todo indica que este ano tampouco veremos grandes cacharelas nos areais. Haberá que agradar ao ano que ven para volver a desfrutar de imaxes coma as de cada San Xoán.