CRTVG

Buscar

"Este ano, Entroido dentro", a mensaxe dos sanitarios de Verín aos veciños

Publicado o 11/02/2021 21:20

Calquera outro Entroido o hospital de Verín reforzaría o servizo de urxencias para atender os milleiros de persoas que acudirían á vila para gozar da festa. Hoxe os sanitarios do centro quixeron mandarlles estas mensaxes a todos os veciños: "Desde o servizo de urxencias do hospital de Verín, esperamos que este ano teñades sentidiño". "Que celebredes o Entroido cada un na súa casiña" "Desde a unidade amarela do hospital de Verín, pedímosvos que este ano as únicas máscaras que saían á rúa sexan as que levamos nós postas". "Non celebredes o Entroido, para o ano, máis e mellor". "A nós tamén nos gusta saír, pero este ano non se pode. Queda na casa, por favor". "Entroido dentro!".

Noticias web

11/02/2021