O Sergas confirma o primeiro caso de gripe de toda a campaña
As medidas hixiénicas e o uso de máscaras que todos nos impuxemos nesta loita contra a covid derivaron na práctica desaparición da gripe en Galicia. Era algo que xa intuïamos, pero agora constátao o Servizo Galego de Saúde.
E foi a través das mostras que o Sergas realiza de forma periódica nos seus laboratorios, xa que non se rexistrou este outono-inverno ningún ingreso hospitalario debido á gripe. As análises rutineiras realizadas nos hospitais galegos con case 700 mostras entre finais de marzo e comezos de abril, detectaron o primeiro positivo da temporada, un virus da gripe B.
A transmisión do virus este ano está a ser practicamente nula. Isto débese a varios factores. Principalmente a que participaron moitas máis persoas na campaña de vacinación deste ano e que as medidas de prevención da covid actúan tamén freando os contaxios da gripe.