CRTVG

Buscar

Estas son as medidas que entran en vigor a partir do sábado

Publicado o 27/08/2021 19:48
Estas son as medidas que entran en vigor a partir do sábado

A partir deste sábado, 28 de agosto, os concellos de Ordes e Monforte de Lemos pasarán ao nivel máximo de restricións. Ademais, outros 30 municipios estarán en nivel alto e 55 en nivel medio.

As sete cidades galegas estarán no nivel medio de restricións, polo que poderá abrir a súa hostalería cunha capacidade do 100 % nas terrazas e un 50 % no interior. No caso do ocio nocturno, a ocupación poderá ser dun 75 % nas terrazas e 50 % no interior. Os bares e restaurantes deberán pechar, como moi tarde, á unha da madrugada e o ocio nocturno ás 03:00 horas.

No nivel máximo de restricións, a hostalería poderá abrir só nas terrazas ao 50 % e o ocio nocturno ao 75 %, mantendo tamén o interior pechado. O límite horario é ata a 01:00 en ambos sectores.

Naqueles municipios en nivel alto, a hostalería poderá abrir coas terrazas ao 75 % e o interior ao 30 %. O ocio nocturno abrirá cunha ocupación máxima do 75 % nas terrazas e o interior pechado. Ambos establecementos deberán pechar, como máximo, á unha da madrugada.

Os concellos do nivel baixo poderán abrir a hostalería cunha capacidade so 100 % nas terrazas e 75 % no interior e, no caso do ocio nocturno, 100 % nas terrazas e 50 % no interior. A hostalería deberá pechar á unha da madrugada e o lecer nocturno ás 03:00 horas.

Ademais, continúa o límite de agrupación de persoas non conviventes. Poderán reunirse en grupos de ata 6 persoas no interior e 10 en exteriores ou dúas unidades de convivencia. 

Nos concellos en nivel máximo e alto están prohibidas as reunións con non conviventes entre a 01:00 e as 06:00. No caso dos niveis medio e baixo, a prohibición será entre as 03:00 e as 06:00.

Noticias web

27/08/2021