Estas son as medidas para a volta as aulas, á espera de que Goberno e comunidades pechen o protocolo
Conta atrás para volver á escola. A comunidade escolar prepárase para un novo curso con máscaras, distancias e ventilación, medidas que eviten posibles contaxios. Haberá grupos burbulla cun máximo de 25 alumnos en primaria e en secundaria redúcese a distancia interpersoal a 1,2 metros. A máscara será obrigatoria para maiores de 6 anos.
Á espera de que se concrete o protocolo definitivo, poderase volver compartir material escolar e de xogos e manterase a hixiene frecuente de mans. Todo para asegurar un curso cen por cento presencial, como xa se fixo en Galicia o ano pasado.
Goberno e comunidades reúnense mañá na conferencia sectorial de educación. Galicia pedirá fondos complementarios para asumir os gastos derivados da pandemia.
A Xunta di que os centros galegos contarán co todo o profesorado necesario nun curso que arrincará en infantil e primaria con 4.000 alumnos menos.