CRTVG

Buscar

Estas son as fases para a desescalada en Portugal ata o 15 de xuño

Publicado o 30/04/2020 15:22

Á espera de concretar todo aínda máis, este é o plan en grandes trazos. Son 3 fases de desescalada con 3 datas marcadas, e en caso de que unha das fases fracase, esas datas modificaríanse.

Fase 1, 4 de maio, o vindeiro luns: abre o pequeno comercio de menos de 200 metros cadrados, salóns de peiteado e librerías e bibliotecas sen importar o tamaño.

Fase dúas, 18 de maio: abren restaurantes, cafeterías e terrazas; tamén garderías e escolas de ensino secundario.

A fase 3 esta fixada para o 3 de xuño: poderán abrir todas as tendas de máis de 400 metros cadrados e tamén os centros comerciais; abrirán cun terzo do acollida teatros e cines e poderán celebrarse eventos deportivos a porta pechada.

O 15 de xuño, se todo vai ben, comeza a nova normalidade en Portugal.

Noticias web

30/04/2020