CRTVG

Buscar

"Estamos no peor momento. Hai que reducir os contactos", din quen pide confinamento

Publicado o 21/01/2021 15:02

O profesor de Viroloxía e Epidemioloxía da USC Carlos Pereira teno moi claro: "Estamos nunha situación especialmente crítica, porque a curva segue subindo".

Asegura que restricións como o toque de queda ou os peches perimetrais son insuficientes neste momento, e insta a Administración a tomar medidas drásticas.

"Deberiamos facer o confinamento domiciliario, dous meses, e unha vez controlada, os confinamentos perimetrais e un estrito control dos positivos", explica.

Medidas que aliviarían a presión hospitalaria, que segundo denuncian algúns médicos, como o internista do CHUAC Ignacio Ramil, xa é crítica. "Estamos no peor momento. Deberiamos reducir os contactos sociais ao núcleo de convivencia".

Do contrario, di, a atención sanitaria podería verse comprometida nas vindeiras semanas.

Noticias web

21/01/2021