Estáfanlle 4.000 euros a unha muller co calote da estampiña en Mos
Publicado o 07/05/2021 14:46
A Garda Civil busca os dous autores do calote que foron descritos polo miúdo pola muller e circulaban nun coche verde e falaban galego. Nun aparcadoiro, o máis novo finxiu que queimaba un billete de vinte euros simulando unha incapacidade, e dixo que tiña ademais unha bolsa chea de cartos. Aos poucos minutos apareceu o seu socio, duns cincuenta anos, que convenceu a señora para quedar cos cartos entre os dous a cambio de catro mil euros que foron sacar canda ela á próxima sucursal de Abanca xa no Porriño. En canto tiveron os cartos, deixárona soa cunha bolsa en que non había billetes. O seu seguinte paso foi denunciar na Policía Local do Porriño.