CRTVG

Buscar

Estáfanlle 180.000 euros a unha cadea de perfumerías polo método do 'phishing'

Publicado o 15/12/2020 13:45

Unha cadea de perfumerías foi vítima dunha estafa a través de Internet polo método coñecido como phishing. Cobráronlles dúas facturas falsas e por un importe moi elevado. 

Suplantaron a través de Internet a identidade electrónica dun dos seus principais provedores e conseguiron que lles pagaran dúas facturas diferentes por importe de 180.000 euros por uns pedidos que, obviamente, non se entregaron.

Así actuaron os ciberdelincuentes que, presuntamente, cometeron unha estafa contra esta cadea de perfumerías que ten tendas por toda Galicia.

Esta técnica de suplantación de identidade é coñecida como phishing e pode afectar dende grandes empresas a usuarios básicos. 

Os pagamentos realizados deriváronse a un dominio electrónico de Panamá, polo que semella difícil que se poidan recuperar os cartos. Hai un mes, unha industria farmacéutica do Porriño viviu unha situación similar, chegando a estafa os 9 millóns de euros.

Noticias web

15/12/2020