CRTVG

Buscar

Estafan un home coas compras por Internet e retíranlle 10.000 euros da súa conta bancaria

Publicado o 14/07/2020 15:22
Estafan un home coas compras por Internet e retíranlle 10.000 euros da súa conta bancaria

A Garda Civil investiga un suposto calote relacionado coas compras por Internet. A denuncia púxoa un veciño do concello ourensán de Bande. Cargáronlle sen autorización 10.000 euros da conta bancaria de aforro.

Os cartos foron retirados en varias ocasicións a nome dunha muller que, segundo asegurou o denunciante, non coñece de nada. A investigación está sendo coordinada polo xulgado de Bande. As compras por Internet deixaron nos últimos días outras catro denuncias máis por estafas bancarias.

 

Noticias web

14/07/2020