CRTVG

Buscar

Os EUA piden máis datos para estudar se permite acceder ás mensaxes dos acusados da morte de Samuel

Publicado o 28/09/2021 15:29

Os Estados Unidos rexeita colaborar coa xustiza española. Négase a compartir a información dos servidores das redes sociais en que supostamente intercambiaron mensaxes os acusados de matar a Samuel Luiz. 

O xuíz encargado do caso do asasinato non poderá coñecer o contido das mensaxes presuntamente borradas polos acusados do crime. Segundo Nius Diario, os Estados Unidos rexeitaron a petición xudicial. Considera que as mensaxes non serían clave á hora de resolver a fatal agresión. Non sería tampouco unha tarefa fácil, xa que correspondería a Facebook buscar o material. É unha compañía remisa a colaborar nestes casos. Os investigadores queren saber quen foi concretamente a persoa que lle asestou o fatal golpe ao mozo coruñés. Por agora hai tres persoas en prisión e dous menores nun centro.

Os investigadores que levan o caso de Samuel consideran que estes datos poden levar a dilucidar quen foi o que asestou o golpe que lle custou a vida. O xuíz encargado do caso da morte de Samuel prepara unha nova comisión rogatoria para poder acceder ás mensaxes borradas polos acusados. Incidir no posible delito de odio podería ser a clave para que sexa aceptada. 

Ten do en conta esta primeira negativa por parte da xustiza dos Estados Unidos, as probabilidades de que sexa favorable esta nova comisión rogatoria, son poucas. Un novo intento do xuíz para coñecer toda a verdade sobre a morte de Samuel Luiz, para os investigadores coñecer eses datos poderíalles achegar información concreta sobre a persoa que asestou o golpe que causou a morte do mozo.

Noticias web

28/09/2021