CRTVG

Buscar

Estados Unidos pon a proba a resistencia dos buques diante dunha hipotética batalla naval

Publicado o 22/06/2021 08:21
Estados Unidos pon a proba a resistencia dos buques diante dunha hipotética batalla naval

Os EUA puxeron a proba un dos seus portaavións mediante explosións controladas no océano Atlántico. As probas fanse para comprobar se estes buques poden soportar as condicións que se darían nunha hipotética batalla naval. As explosións leváronse a cabo fronte ás costas da Florida e o Servizo Xeolóxico dos EUA informou de que as probas quedaran rexistradas como un sismo de magnitude 3,9 graos.

Noticias web

22/06/2021