Estados Unidos e SpaceX lanzan con éxito a nave espacial "Crew Dragon"
O histórico lanzamento do Falcon 9 desde o Centro Espacial Kennedy, coa presenza do presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, é o primeiro realizado desde territorio estadounidense e a bordo dunha nave norteamericana desde 2011, cando se retiraron os transbordadores espaciales e a NASA pasou a depender das naves rusas Soyuz.
A misión Demo 2 é chegar a Estación Espacial Internacional e probar o foguete Falcon 9 e a cápsula Crew Dragon da compañía privada SpaceX. Esta cápsula permitirá no futuro enviar ata sete tripulantes ao espazo.
De completarse con éxito a chegada á Estación Espacial Internacional ábrese a porta a futuras viaxes de turismo espacial fretadas pola NASA e a compañía de Elon Musk, o magnate que apoia o proxecto. Os astronautas teñen previsto completar a misión durante a noite deste domingo.