Os Estados Unidos e o Reino Unido traballan nun acordo comercial bilateral 'posbrexit'
Publicado o 05/06/2019 08:05
colas TRUMP REINO UNIDO
A primeira ministra británica, Theresa May, e o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, expresaron a súa aspiración de negociar un ambicioso tratado comercial bilateral despois do brexit.
Na conferencia de prensa posterior á reunión que mantiveron no 10 de Downing Street, Trump dixo que o acordo podería multiplicar ata por tres o actual intercambio comercial entre os dous países.
Sinalou tamén que o acordo podería incluír a entrada de capital privado estadounidense no sector sanitario, algo que rexeitan a maioría dos británicos, que onte volveron mostrar nas rúas o seu disgusto coa visita do presidente estadounidense.