CRTVG

Buscar

Os Estados Unidos e Gran Bretaña retiran as tropas de Afganistán, coa data límite do 31 de agosto

Publicado o 09/07/2021 09:12
Os Estados Unidos e Gran Bretaña retiran as tropas de Afganistán, coa data límite do 31 de agosto

O presidente dos Estados Unidos Joe Biden anunciou a retirada das tropas estadounidenses de Afganistán. Dixo que é imposible que unha forza estranxeira unifique o país e altamente improbable que os afgáns o consigan por si sos. Biden recoñeceu que Afganistán afronta un panorama caótico e sombrío. A data límite é o 31 de agosto.

O mesmo fixo o primeiro ministro británico Boris Johnson. Dixo na cámara baixa que despois de 20 anos todas as tropas británicas asignadas á misión da OTAN en Afganistán volven agora á casa.

Noticias web

09/07/2021