EUA autoriza a transfusión urxente de plasma como tratamento contra a covid-19
Publicado o 24/08/2020 09:04
Donald Trump anunciou esta madrugada a autorización para empregar, de urxencia, transfusións de plasma de pacientes curados de coronavirus a enfermos hospitalizados.
Segundo a Administración de Medicamentos dos Estados Unidos, a FDA, diminúe a mortaldade e mellora a saúde dos contaxiados nos tres primeiros días de hospitalización.
Baséanse nunha análise realizada a 20.000 positivos que xa recibiron este tratamento no país.