CRTVG

Buscar

Estadías longas nas UCI, que aínda non recuperan os niveis previos á terceira onda

Publicado o 05/03/2021 17:01

A baixada dos contaxios non é capaz polo momento de aliviar a presión hospitalaria. O descenso no número de pacientes hospitalizados é lento e as nas unidades de coidados intensivos as estadías están a ser máis longas que nas vagas anteriores. Os expertos apuntan as variantes do virus como posible causa.

A área sanitaria da Coruña é a que máis preocupa con 97 pacientes hospitalizados e 31 na UCI. Tamén a área de Pontevedra-Salnés mantén un nivel alto de ocupación. A nivel nacional a situación é moi similar, coas unidades de coidados intensivos o 25 por cento e estadías máis longas.

Polo momento o nivel de hospitalizacións é superior o que había no mes de decembro antes de que comezara a terceira vaga da pandemia.


 

Noticias web

05/03/2021