CRTVG

Buscar

Estacións de tren e aeroportos, sen probas ás portas da Semana Santa

Publicado o 24/03/2021 14:44

As PCR en aeroportos e estacións de tren forman parte dun plan piloto que está previsto comezar a aplicar aí na Coruña.

A estación de  tren, xunto co aeroporto de Alvedro, eran os dous puntos onde ían comezar a aplicarse o plan piloto de tests de antíxenos que anunciara o comité clínico hai dúas semanas.

A estas alturas aínda non están autorizados. E o movemento de pasaxeiros está xa en ascenso. E, ollo, porque esta fin de semana irá a máis, porque xa hai xente que libra toda a semana que vén, entre eles os estudantes.

 

Noticias web

24/03/2021