CRTVG

Buscar

Santiago, primeira cidade que estrea intermodalidade e integra as súas estacións

Publicado o 21/05/2021 15:09

Todo listo na primeira estación intermodal de Galicia para acoller pasaxeiros. Santiago convértese este sábado na primeira das cidades galegas que intregra as estacións de tren e autobuses, o que permitirá unha maior interconectividade dos pasaxeiros.

Este sábado comezará a funcionar a nova estación de autobuses de Santiago de Compostela, xestionada polo Concello de Santiago a través de Tussa e situada na remodelada rúa Clara Campoamor, formando parte da intermodal da cidade. 

Así, a conexión co centro urbano e coa estación de tren contigua realizarase a través da pasarela transversal elevada, que conecta os edificios e facilita a circulación dos pasaxeiros.

O edificio organízase en dúas plantas superpostas: na inferior sitúanse a área de dársenas e as vías de circulación e manobra de vehículos, mentres que na superior, o edificio acolle os servizos necesarios para atender os viaxeiros.   

Noticias web

21/05/2021