CRTVG

Buscar

Estabilízase o ritmo de contaxios nas cidades galegas

Publicado o 14/03/2021 15:29

O ritmo de contaxios vaise estabilizando nas cidades. Existe unha maior preocupación na Coruña, onde a desaceleración de contaxios vai moito máis lenta ca no resto das urbes. 

A Coruña, preto dos 200 casos por cada cen mil habitantes nos últimos catorce días, continúa á cabeza. Ferrol anda polo cento. Segue Vigo con 78 casos. Ourense e Pontevedra tocan a cincuentena, unha cantidade da que xa baixan Santiago e Lugo.

 

 

Noticias web

14/03/2021