Estabilízase a situación na residencia de Mos en que se detectou un gromo da covid
Política Social considera controlado o gromo da residencia de maiores de Mos. As 145 persoas que deron positivo continúan estables e non apareceron novos casos.
O único cambio nas últimas horas é a hospitalización dun dos 92 usuarios contaxiados, que permanece ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para realización dunha placa de tórax.
Polo demais, as cifras de incidencia da enfermidade non varían: 145 positivos, dos cales 36 son traballadores.
A dirección do centro xa comunicara a decisión de 25 empregados de adiar as súas vacacións previstas para esta segunda quincena de novembro e confirmou a incorporación, hoxe mesmo, de 8 novos contratos de traballo para reforzar o seu cadro de persoal.
Os casos de covid activos nas residencias de Galicia é de 619. Só se rexistaron dous novos positivos. pero nas últimas horas faleceron 10 usuarios de residencias. Dos 619 casos activos, 368 son usuarios e 251 son traballadores. O principal foco está no centro Doral de Mos. A residencia DomusVi de Ribadumia é, con 77 contaxiados, o segundo centro con maior número de casos.