Estabilízanse os casos activos en Galicia e soben en 7 na área de Lugo
• Hai 259 pacientes activos, a mesma cifra ca este venres
• O 78 por cento dos casos son da área sanitaria de Lugo
• España suma este sábado preto dun cento de rebrotes activos

ÚLTIMA HORA | Non varían os casos activos por coronavirus en Galicia: hai 7 infectados máis na provincia de Lugo e 3 máis en Ourense que se contrarrestan coas baixadas no resto das áreas | CRTVG https://t.co/4FF36gnGeX pic.twitter.com/lG6nZVUflF
— G24 (@G24Noticias) July 11, 2020
Galicia rexistra 259 casos activos por coronavirus, a mesma cifra ca o venres. 255 deles están en seguimento domiciliario. Catro pacientes permanecen hospitalizados, un menos ca na xornada anterior, un deles está ingresado na UCI do Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Canto ás áreas sanitarias, o 78 por cento dos casos activos están na de Lugo, con 203 afectados por coronavirus, 7 máis ca o venres. Desta cifra na comarca da Mariña soben en 4 os casos activos co que suman 186. Non queda ningún paciente ingresado con covid-19 nos hospitais de Lugo nin de Monforte, e quedan dous ingresados no da Mariña. En Ourense tamén hai un lixeiro incremento con 5 casos, 3 deles das últimas 24 horas, na da Coruña son 22 con 3 casos menos, na de Pontevedra son 4, 10 en Vigo cun descenso de 6 , 14 en Santiago e 1 en Ferrol.
Xa recibiron a alta en Galicia 10.926 pacientes e realizáronse 213.244 probas de PCR desde o comezo da pandemia.