CRTVG

Buscar

Estabilizado un incendio que arrasou 800 hectáreas na serra de Madrid

Publicado o 03/08/2020 15:22

Un incendio mantivo en alerta durante toda a noite a poboación de Zarzalejo, na serra madrileña. Nas últimas horas foi necesario evacuar algunha vivenda illada. Na madrugada incorporáronse efectivos da UME na loita contra as lapas.

A intensidade dos refachos fixo moi difícil os traballos de extinción. Finalmente os efectivos antiincendios fixéronse coa situación, e, desta hora, o lume está estabilizado sen que ningún núcleo de poboación corra xa risco. As lapas calcinaron unhas 800 hectáreas.

A causa deste incendio puido estar, nun accidente de moto leve, en que o vehículo acabou queimado estendéndose logo as lapas pola serra.

Noticias web

03/08/2020