CRTVG

Buscar

Estabilizado o incendio forestal de Vilar de Barrio tras queimar 20 hectáreas

Publicado o 16/08/2021 14:20

O incendio forestal rexistrado en Vilar de Barrio (Ourense), na parroquia de Prado, quedou estabilizado ás 13:49 horas despois de queimar unhas 20 hectáreas de superficie, segundo informa a Consellería de Medio Rural.

O lume iniciouse ás 22:35 horas do domingo e no seu control participaron ata o momento cinco axentes, 19 brigadas, seis motobombas, dúas pas e tres helicópteros.

Desde a noite e ata pasadas as 10 da mañá do luns, as lapas obrigaron a cortar a vía do tren entre Zamora e Ourense á altura do quilómetro 195, debido ao fume. A circulación ferroviaria quedou restablecida despois de provocar atrasos en catro Alvia Madrid-Galicia que levaban a máis de 800 viaxeiros, segundo indicou Renfe.

Noticias web

16/08/2021