CRTVG

Buscar

Estabilizado o incendio de Verín e Vilardevós tras arrasar máis de 140 hectáreas

Publicado o 23/07/2020 18:35

É o teceiro incendio que se orixina preto da autovía nos últimos días. As condicións meteorolóxicas fixeron que se estendera rapidamente calcinando ata 144 hectáreas.

Non houbo perigo para as vivendas, pero si medo entre a poboación, que lembrou o acontecido hai tres anos.

Medio Rural dá por estabilizado o incendio onde seguen a traballar medios aéreos e terrestres para refrescar o terreo. Trátase dunha zona cunha alta actividade incendiaria.

Controlado un incendio en Riós

Mentres os efectivos atallaban este lume, orixinado na parroquia de Queirugás, tamén se rexistraron incendios en Monterrei e Riós.

O incendio que afecta á localidade ourensá de Riós quedou controlado ao fío das 17.00 horas deste xoves, segundo informa Medio Rural.

O lume comezou ás 22.00 horas do mércores e estaba estabilizado desde as 07.16 horas. A última estimación cifra a superficie afectada en máis de 20 hectáreas.

Noticias web

23/07/2020