CRTVG

Buscar

Estabilizado o incendio de Tarragona tras arder 1.700 hectáreas

Publicado o 26/07/2021 20:21
Estabilizado o incendio de Tarragona tras arder 1.700 hectáreas

O incendio forestal de Tarragona está estabilizado tras arder 1.700 hectáreas. A chuvia caída durante a mañá deste luns axudou os equipos de extinción a conter as lapas. A melloría da situación permitiu levantar o confinamento de dous municipios e tamén permitiu o retorno dos veciños que foran desaloxados.

Sobre a orixe do incendio que empezou o sábado, os investigadores cren que puido ser provocado por unha cabicha ou por un chispazo producido por un motor dun vehículo.

Noticias web

26/07/2021