CRTVG

Buscar

Controlado o incendio de Pradorramisquedo, en Viana do Bolo, que afectou 200 hectáreas

Publicado o 07/08/2020 22:21
Controlado o incendio de Pradorramisquedo, en Viana do Bolo, que afectou 200 hectáreas

O incendio forestal rexistrado o pasado luns no concello de Viana do Bolo, na parroquia de  Pradorramisquedo, quedou controlado ás 19.27 desta tarde, segundo informou a Consellería do Medio Rural.

O último balance provisional da Xunta contabilizou 200 hectáreas calcinadas nesta parroquia, situada dentro do Macizo central ourensán, unha zona declarada Rede Natura.

Para controlar as lapas mobilizouse un importante número de medios terrestres; en concreto, quince axentes, 47 brigadas, dez motobombas, unha pa, oito helicópteros e nove avións.