CRTVG

Buscar

Estabilizado o incendio de Porto do Son que ameazou varias aldeas

Publicado o 22/07/2020 15:01

Á media mañá sumábase un helicóptero ás terefas de arrefriado para evitar que se reavivara algún rescaldo. O fume e o cheiro a queimado invaden a parroquia de Nebra, pero polo menos os veciños respiran hoxe máis tranquilos. Nas aldeas de Queiro, Resúa e Pedra do Lobo viviron onte momentos de tensión pendentes do rápido avance das lapas, avivadas polo vento que soprou na zona.

O intenso traballo dos medios aéreos e terrestres foi fundamental para atallar o avance das lapas cara a esas zonas poboadas. Esta zona xa fora castigada pola vaga de incendios de 2006. Os veciños non dubidan de que tanto daquela como onte foron intencionados. Segundo o reconto provisional da Consellería do Medio Rural, o incendio calcinou unhas 35 hectáreas de monte.

Noticias web

22/07/2020