CRTVG

Buscar

Estabilizada en Vigo a transmisión da variante brasileira

Publicado o 17/04/2021 14:14

Continúan os cribados no covidauto do hospital Álvaro Cunqueiro, aquí atopamos preoperatorios e persoas que se atopaban con síntomais gripais ou contactos de positivos nas familias e nos colexios.

Entre eles, segundo o xerente da área, hai un milleiro de persoas de entre 16 e 35 anos citados aleatoriamente para localizar casos de covid da variante brasileira.

Segundo o xerente, os 30 casos dos abrochos da variante brasileira están estabilizados e parece non haber transmisión comunitaria. En Vigo os casos xerais seguen medrando.
Dentro da área a partir do luns farase outro macrocribado en Ponteareas a 5.000 persoas.

Noticias web

17/04/2021