CRTVG

Buscar

Esta tarde pasan a disposición xudicial os detidos por mallar un menor de idade en Lugo

Publicado o 21/09/2020 11:37

Esta tarde pasan a disposición xudicial os detidos en Lugo por darlle unha malleira a un mozo menor de idade. Son tres persoas que logo de roubar e golpear a vítima, atrincheiraronse nun piso en que levantaron unha barricada para impedir a entrada da policía. Unha cuarta persoa implicada na agresión quedou en liberdade, ao ser menor de idade. A vítima sofre un traumatismo na cabeza. Tres dos detidos teñen antecedentes policiais.

Noticias web

21/09/2020