Esta semana pódense solicitar en Galicia as axudas para os sectores máis afectados pola pandemia
Publicado o 14/02/2021 22:03
A partir desta semana xa se poderán solicitar as axudas do segundo plan de rescate que pon en marcha a Xunta para botarlles unha man aos sectores máis afectados pola pandemia. Achegas que se cobrarán a partir de marzo e que poderían chegar a uns 40.000 beneficiarios.
Son, en total, 75 millóns de euros para autónomos e microempresas que acrediten unha baixada da facturación de máis do 45 por cento. Mañá haberá unha reunión da Xunta con representantes da hostalería para perfilar as subvencións, publicaranse entón no DOG as ordes polas que se van regular e xa se poderán empezar a tramitar.