Esta ponte festiva é tempo de matanzas
Publicado o 06/12/2019 14:15
A estes dous porcos chegoulles hoxe o seu San Martiño coma a outros centos esta ponte festiva no país.
Despois de desangrar os animais, toca chamuscalos e lavalos.
Nestoutra casa de Oímbra mataron onte tres porcos, hoxe é a desfeita.
Quen fai matanza na casa ten carne de calidade asegurada para todo o ano.
A matanza é unha tradición moi arraigada no rural galego. Uns traballos que se fan de xeito artesanal, practicamente igual ca antano. E a colaboración e a axuda mutua entre familiares e veciños e veciñas continúa.
Mañá enchen os chourizos e os salchichóns, nun mes e medio xa estarán curados para papar.