CRTVG

Buscar

Esta noite poderán seguir os Fogos do Apóstolo pola TVG

Publicado o 24/07/2020 09:32

Hoxe volverá alumear o ceo de Compostela cos tradicionais fogos do apóstolo. Mantense a cita, pero cun espectáculo moi diferente daquel a que estamos afeitos, e, por suposto, sen aglomeracións. Este ano dispararanse os fogos desde diferentes puntos da cidade, como a Cidade da Cultura, a Caballeira de Santa Susana, Fontinas, O Castiñeiriño, e así ata oito puntos. A idea do Concello é que os cidadáns os poidan ver sen saír da casa, como quen di.

A partir das once e media da noite, será un espectáculo de pirotecnia, non visual, como adoita ser tamén na praza do Obradoiro. Miguel Pérez, de Pirotecnia Zaragona, empresa responsable dos fogos, explica nos Bos días como se vai facer o espectáculo.

O espetáculo poderase seguir no programa de Televisión Galicia que comezará ás dez da noite.

Noticias web

24/07/2020