CRTVG

Buscar

Esta noite finaliza o estado de alarma e as comunidades ultiman as novas medidas restritivas

Publicado o 08/05/2021 20:44

Desde esta medianoite Galicia queda liberada do toque de queda e amplíanse os horarios e as cabidas da hostalería. Pero seguirán prohibidas as reunións entre non conviventes entre a unha e as seis da mañá. Ademais, a Xunta quere manter o peche perimetral nos concellos onde haxa perigo de que a evolución da pandemia se complique. Estas medidas afectan a dereitos fundamentais pero coa fin do estado de alarma, precisarán o aval dos tribunais.

De momento, os xuíces avalaron as restricions en Cataluña ou Valencia, que mantén o toque de queda, e tombáronas no País Vasco.er xudicial ante as peticións que lle fan as comunidades autonómas, polo tanto esta é unha situación indesexada que vén da actitude do Goberno de desentenderse da pandemia primeiro ás comunidades autonomas e agora tamén ao poder xudicial".

Alfonso Rueda lembra que Galicia aprobou unha lei de saúde para poder seguir tomando este tipo de decisións pero o Goberno central presentou recurso no Tribunal Constitucional, algo que non sucedeu en Aragón.

 "O resto das comunidades autónomas de España envéxannos por sermos os únicos que temos unha lei pra facerlle fronte á pandemia, sei que hai opinións para todos os gustos e que ata hoxe ninguén presentou ningún recurso de inconstitucionalidade", di Javier Lambán, presidente de Aragón.

Castela-A Mancha aprobou este sábado un decreto para pasar, en palabras do seu presidente, do estado de alarma ao estado de prudencia extrema.

"Oxalá que a partir da supresión do estado de alarma non haxa unha nova onda, ou unha onda importante en España, se houbera unha gran onda politicamente a algúns pode supoñerlles un adeus", afirma Emilio García Page, presidente de Castela-A Mancha.