CRTVG

Buscar

Esta noite comeza a descarga da costeira do bonito en Burela

Publicado o 02/06/2021 21:43

Iniciase a tempada do bonito coa primeira descarga no porto de referencia de Galicia que non é outro que Burela.

A partir das 6 da mañá terá lugar a primeira subasta do boinito galego. Serán uns mil quilos e xa se puideron observar exemplares de ata 15 quilos. O primeiro barco da costeira galega será de Laxe e trae  boas capturas tras estar xa 11 días na zona das Azores. En tempos chegaron a ser ata 50 barcos dedicados ao bonito agora son bastantes menos que partirán neste mes de xuño e terán algo máis de cota co ano pasado,  un 12,5 % máis.

Polo momento, as capturas están sendo boas e agardan no sector que a costeira dure máis ca a do ano pasado, que rematou a mediados de agosto, cando normalmente se chega ata setembro e antigamente mesmo o mes de outubro.

 

 

 

 

 

 

 

Noticias web

02/06/2021