Arranca a campaña electoral do 26-M condicionada polos resultados das xerais
• Así foron os primeiros actos de campaña
• O CIS prognostica a vitoria do PSOE nas europeas, na maioría das autonomías en xogo - salvo en Cantabria e Navarra - e avantaxa en intención do voto ao PP en Santiago | Que se elixe o 26-M?
Once días despois comeza oficialmente unha nova campaña electoral. Arranca condicionada polos resultados das xerais. Os socialistas tentarán consolidar ese triunfo en concellos, autonomías e no Parlamento Europeo.
José Luis Ábalos. Secretario de Organización do PSOE: "Imos con boas expectativas. Eu estou confiado en que os españois e as españolas volverán apostar polo futuro e volverán mobilizarse como o pasado domingo"
O Partido Popular afronta a campaña como unha segunda volta das xerais, unha oporturnidade para darlles a volta aos malos resultados que obtiveron o 28 de abril.
Pablo Casado. Presidente do PP:"Coas mellores expectativas electorais. Saímos a gañar estas eleccións europeas que ademáis coinciden coas municipais e autonómicas. Saímo gañar e a remontar os resultados do 28 de abril"
E Ciudadanos aspira a pasarlles por diante aos populares nesta segunda rolda electoral. José Manuel Villegas. Secretario xeral de Ciudadanos:"Coa idea de ser alternativa a Pedro Sánchez nas europeas e nas comunidades autónomas e concellos de España"
Galicia
Mentres que os principais partidos políticos a nivel estatal abrirán campaña en Madrid, a maioría coa presenza dos seus líderes, en Galicia os escenario varía segundo o partido político.
O BNG escolle A Coruña para iniciar campaña. Ana Pontón arroupa a Francisco Jorquera, o seu candidato á alcaldía. O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, opta por apoiar a Rodríguez Villarino, cabeza de lista dos socialistas na cidade de Ourense. O voceiro de En Marea abre campaña en Lugo co candidato municipal Xosé Chorén e Lidia Senra, aspirante a renovar como eurodeputada. Os populares elixiron Santiago para comezar esta nova contenda electoral. Alberto Núñez Feijóo avala no inicio de campaña a Agustín Hernández, o candidato do PP á alcaldía da capital de Galicia.