CRTVG

Buscar

Entran en vigor as novas medidas de restricións en Galicia

Publicado o 23/07/2021 23:17

• Reunións de 6 persoas no interior e 10 no exterior, agás conviventes | Proba negativa, certificado de vacinación ou covid-19 superada para acceder ao interior dos locais de hostalería nos concellos en nivel máximo ou alto

Entran en vigor as novas medidas de restricións en Galicia

A medianoite deste sábado 24 de xullo entran en vigor as novas medidas de restricións en Galicia. Restrínxense as reunións tanto entre conviventes como entre non conviventes e pedirase proba negativa de covid−19 ou certificado de vacinación para entrar nos locais de hostalería en concellos que se atopen en nivel alto ou máximo.

limitación das reunións será con carácter xeral de seis persoas no interior e de dez no exterior, ou como máximo dúas unidades de convivencia. Ademais os non conviventes non poderán reunirse entre a 1:00 e as 6:00 horas nos municipios con nivel máximo e alto de restricións.  

Pola súa banda, nos concellos en nivel medio e baixo, onde segue aberto o lecer nocturno, as reunións de non conviventes estarán prohibidas entre as 3:00 e as 6:00 horas

Nos concellos en situación de restricións altas ou máximas poderá abrir a hostalería tanto en interior como en exterior, aínda que se esixirá unha proba de resultado negativo, un certificado de vacinación ou de ter superada a enfermidade para acceder ao interior.

Isto supón que na práctica se relaxan as medidas para o sector da hostalería, xa que ata o de agora, por exemplo nos concellos en peor situación, debían botar o peche. Así, cambian os niveis de ocupación. Naquelas localidades de risco máximo serán dun 30 % nos interiores e de 50 % nas terrazas. Os certificados serán necesarios só para poder consumir dentro do bar ou do restaurante.

Naqueles concellos en nivel alto, as limitacións serán dun 50 % no interior e dun 50 % nas terrazas, e o certificado para acceder tamén será preciso cando se ocupen mesas dentro do local.

Nas vilas en situación de risco medio a ocupación tamén será dun 50 % no interior e dun 50 % no exterior e nas de risco medio-baixo dun 50 % no interior e dun 100 % no exterior, aínda que nestes casos non será preciso o certificado para pode estar dentro dos locais.

Na situación actual a Xunta tamén optou por eliminar as restricións de peches perimetrais que se viñan aplicando naquelas localidades que estaban en situación de risco máximo.

A distribución das restricións queda da seguinte maneira

Sete concellos en situación de risco máximo: O Barco, Cambados, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Sanxenxo, Meaño e O Grove.

Vinte e nove concellos en situación de risco alto: Ourense, Avión, Barbadás, O Carballiño, Porto do Son, Carballo, Fisterra, Oleiros, Vimianzo, Arzúa, Ribeira, Melide, Burela, Viveiro, Cervo, Foz, Ribadeo, A Illa de Arousa, Vilagarcía, Vilanova, Marín, Poio, Pontevedra, Vigo, Baiona, Gondomar, Nigrán, O Rosal e Tomiño.

38 en nivel medio: Beariz, Entrimo, Boborás, Maceda, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao, Ribadavia, Vilamartin de Valdeorras, Sarria, Mondoñedo, Lugo, Vilalba, A Coruña, Culleredo, Cambre, Sada, Ames, Muros, Noia, Oroso, Santiago, Silleda, Teo, Pontecesures, Fene, Ferrol, Mugardos, Meis, Ribadumia, Caldas de Reis, Redondela, Bueu, Ponte Caldelas, A Guarda, Moaña, Mos, O Porriño e Tui.

 

Noticias web

23/07/2021