A policía interven en varios botellóns na contorna da catedral de Lugo
Publicado o 05/07/2021 14:21
Os chamamentos ao civismo e ás actitudes responsables non terminan de callar entre a xente nova. Houbo botellóns na contorna da Catedral onde non sempre se respetaron as medidas de prevención. Esta fin de semana en Lugo as forzas da orde, que intesificaron a vixilancia, tiveron que intervir en varios botellóns.
Para moitos a mellor disuasión é incrementar as sancións. Ademais do risco que representan para a sáude pública, estas festas nocturnas na contorna da Catedral, ocasionan tamén un dano patrimonial.
Os ouriños están corroendo as ferraxes das portas do templo, patrimonio da Humanidade.