A asociación de veciños instálalles os seus ordenadores aos nenos do barrio de Vite de Santiago
A Asociación de Veciños Álvaro Cunqueiro do barrio de Vista Alegre, en Santiago, decidiu poñer á disposición dos nenos que non teñan ordenador os propios equipos da súa aula de informática, que se mantén pechada nestes momentos de confinamento. David Ríos é o presidente desta asociación.
"Hai moitos rapaces do barrio que teñen Internet e acceden desde o móbil, pero desde un teléfono non se poden facer as tarefas da escola. Entón nós ofrecémonos a instalarlles os nosos nas súas casas, seguindo sempre as medidas de seguridade".
"Poden poñerse en contacto connosco a través da nosa conta de Facebook ou chamándonos ao teléfono 604 02 02 06".
"Tamén ofrecemos outra serie de servizos, como o de peiteado para persoas maiores, limpeza, recados ou baixar o can. Isto é completamente gratuíto para os veciños e veciñas de Vista Alegre".