Esquerra, BNG e Bildu avalan a Aragonés como candidato á presidencia da Generalitat
Publicado o 07/02/2021 14:23
Os candidatos en Cataluña reiteran as chamadas ao voto útil neste ultimo treito de campaña.
Esquerra Republicana de Catalunya programou para este domingo un dos seus actos centrais de campaña, no que Pere Aragonès quixo facer unha demostración de forza do soberanismo cun acto protagonizado por Junqueras, Otegi e Ana Pontón. Esquerra, Bildu e BNG avalan o candidato que se ofrece como freo aos que promoveron o 155.