CRTVG

Buscar

Esperas de ata seis meses para poder mercar coches novos nos concesionarios

Publicado o 07/10/2021 20:34

O último trimestre do ano en condicións normais é un bo momento para mercar un coche novo, pero agora mesmo é complicado. Os concesionarios están desabastecidos polas paradas na produción a nivel mundial e as esperas por un vehículo novo ascende a varios meses.

Por iso moitos clientes optan polo mercado de ocasión. É o caso de Rubén: non podía agardar pola entrega dun coche novo e optou por un vehículo de segunda man.

E é que os coches chegan a contagotas aos concesionarios. A falta de existencia tradúcese en esperas de ata seis meses para poder mercar un vehículo novo en Galicia.

Son as recomendacións dos profesionais dun sector que atravesa momentos de moita incerteza.

Noticias web

07/10/2021