CRTVG

Buscar

Á espera de prestar declaración os 11 detidos en relación cos asaltos violentos a compradores de coches de luxo a través de Internet

Publicado o 28/02/2020 13:38

Catro detidos en Ourense, cinco en Monforte e dous en Sarria é o balance provisional desta operación que botaba a andar en setembro do ano pasado cando se denunciou o primero caso en Sarria. Daquela roubaran 18.000 euros tras ameazar cunha pistola e golpear dous homes que acudiran a mercar un coche. Uns feitos que se repetiron en Monforte, en Coles e en León.

Para impedir que puideran pedir axuda, quitábanlles os teléfonos móbiles e inmobilizábanlles os coches. No último caso, en Monforte, chegaron a tirotear o vehículo. Ademais, calcinaron un dos coches en que supostamente fuxiron para eliminar pegadas. As forzas de seguridade consideran que se trata dun grupo criminal moi violento e especializado no que cada un tiña unha función. Á parte destes asaltos, non se descarta que poidan estar relacionados con outro tipo de delitos.

Dous deles foron detidos recentemente por un roubo nunha vivenda en Vilamartín de Valdeorras. Os apresados permanecen en dependencias policiais, onde se lles está a tomar declaración. Pasarán a disposición xudicial cando rematen todas as dilixencias, que podería ser hoxe á tarde ou mañá. Polo momento, a operación segue aberta.

Noticias web

28/02/2020