CRTVG

Buscar

Espectáculo astronómico coa superlúa máis grande do ano

Publicado o 27/05/2021 08:59

O firmamento ofreceu onte á noite un espectáculo astronómico dobre que poucas veces se pode observar. Houbo superlúa, a máis grande do ano, tamén chamada "lúa de sangue" polo ton vermello que toma o satélite. Os máis románticos chámanlle "superlúa das flores" por darse en primavera. Pero ademais coincidiu cunha eclipse lunar total, que non foi visible desde España. Non se daban os dous fenómenos ao mesmo tempo desde 2015.

Noticias web

27/05/2021