CRTVG

Buscar

Espectaculares imaxes do incendio a vista de dron

Publicado o 11/04/2021 14:23

Foi un traballo duro o dos equipos de extinción, que ata despois da unha da tarde non deron por controlado o lume.

O incendio obrigou a activar o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia no seu nivel 1 e tiveron que desprazarse ata a capital luguesas dotacións de parques de bombeiros doutras localidades da provincia. A columna de fume era moi densa, como se aprecia nestas imaxes de dron.

As tarefas de extinción foron aínda máis dificultosas cando o lume saltou á nave de Pneumáticos Fraín. O cambio de dirección do vento facilitou que a densa fumareda non chegase á cidade, segundo apuntou o director xeral de Emerxencias, que se desprazou ata o Ceao para coordinar o operativo.

Noticias web

11/04/2021