CRTVG

Buscar

Espectacular remonta do Arenal Emevé na pista do Socuéllamos

Publicado o 17/10/2021 09:21

O Arenal Emevé levou o triunfo na pista do Socuéllamos grazas a unha espectacular remonta. O equipo local, líder da Liga Iberdrola, comezou o partido mandando con moita autoridade e gañando os dous primeiros sets (25-18 e 25-16). No terceiro set estivo a chave do partido. O Arenal Emevé conseguiu gañalo logo dun dramático desenlace (27-29). A cuarta manga foi galega (19-25) e o set definitivo, coas lucenses cheas de moral, só tivo unha cor. O Arenal gañou por 6-15 demostrando que pode competir coas mellores nesta temporada. 

Noticias web

17/10/2021