CRTVG

Buscar

Espectacular duelo entre Breogán e Alacante que acaba caendo do lado lucense (88-87)

Publicado o 02/06/2021 22:14

Espectacular a primeira entrega da eliminatoria entre Breogán e Alacante. Despois dun grande inicio breoganista (+17 no primeiro cuarto) o conxunto alacantino meteuse no encontro antes do descanso (44-41). No terceiro cuarto, o Breogán chegou a estar doce puntos abaixo (57-69), pero o Breogán reaccionou no derradeiro período e cun grande acerto dende a tripla conseguiu o primeiro triunfo da serie cun agónico 88-87.

Noticias web

02/06/2021