CRTVG

Buscar

Especialistas sirios rescataron unha nena que caera a un pozo

Publicado o 12/02/2021 09:07
Especialistas sirios rescataron unha nena que caera a un pozo

Especialistas sirios rescataron unha nena de catro anos que caera a un pozo nunha cidade do norte do país, preto da fronteira con Turquía.

A nena estaba xogando cunha curmá nas proximidades do burato cando, por causas que se descoñecen, se precipitou ao seu interior.

Os equipos de rescate tardaron dúas horas en chegar á pequena e sacala do pozo.

Noticias web

12/02/2021